Mugardos tamén cantará ás Pepitas

Mugardos tamén cantará ás Pepitas

05 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Rondalla Mugardesa presenta esta fin de semana á súa nova madriña, Iria Rodríguez Martínez. No acto, que se celebrará o sábado a partir das oito do serán, actuarán a Coral Polifónica de Sillobre e a Rondalla Mugardesa. Logo desta cita, a formación que dirixe Francisco Javier Sancho Ribero, actuará o xoves, 18 de marzo, nas Pepitas de Ferrol. O 19 e 20 rondará polas rúas de Mugardos e para o día 27&nbsp

A nova madriña da Rondalla Mugardesa é unha rapaza do Seixo. Segundo asegurou a Radiofusión o presidente da entidade, Leonardo García, "Iria está moi ilusionada por poder representar á muller mugardesa, acompañando á rondalla en todas as actuacións que teña ao longo do vindeiro ano".

A primeira cita á que se enfronta é a de mañá, no Casino Mugardés, nun certame no que se fará o relevo das madriñas e no que, ademais, se presentará o novo repertorio da rondalla. Neste senso, Leonardo García adiantou que este ano estrean dúas pezas: o vals "Ilusión" e a danza "Letargia en la noche", con letra de Xesús Cartelle.

Trinta e dous son os compoñentes actuais da Rondalla Mugardesa, unha formación que o ano pasado creou a súa propia escola de punteo para garantir o relevo xeracional dos seu seus membros.

Sociedade