ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Julio Alonso decide poñer en marcha este estudo polo seu interese na música galega. Malia que nun principio non ía centrarse exclusivamente na muiñeira, o camiño que foi percorrendo levouno a afondar nos inicios deste baile popular na procura das súas orixes e de cales serían as datas máis antigas á hora de identificar o seu inicio. Lonxe do que se podería aventurar sobre a súa orixe celta, habería que establecer eses inicios en torno a ese século XVII.
Autor da tese que leva por nome “Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S.XVII-XIX)”, o musicólogo e investigador veciño de Redondela, Julio Alonso Monteagudo, afonda neste traballo en todo o que ten que ver cun baile de especial relevancia dentro dos símbolos que representan a galeguidade: a muiñeira. Un baile que no imaxinario colectivo vinculamos en moitas ocasións a pasados máis remotos pero cuxos antecedentes, atendendo as súas investigacións, habería que datalos no século XVII en pezas musicais como o “Baile da gaita galega” ou “Chouteira”.
Máis información:
https://www.radioredondela.com/2024/05/29/julio-alonso-monteagudo-a-muin...
Publica o teu comentario agora