Mulleres con banco

Mulleres con banco
30 de Decembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Mulleres escritoras terán bancos adicados no Concello de Fene. Trátase dunha iniciativa pola igualdade que ao mesmo tempo pretende ampliar e re-significar o Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre. 

Fotografia Xan Xe

Marisol Gándara naceu en Francia pero reside en Ordes. É Licenciada en Filoloxía e cursou estudos de Xornalismo. Gañou o Parallé co libro “Ata o corazón da mazá”..“Para min significou o cumio dun soño. Xa gañara algúns certames en Ordes, o Premio Francisco Añón de poesía  en Outes en 2011,e foi un espaldarazo de auto-estima moi grande” afirma Marisol Gándara, premio Parallé en 2012, unha das mulleres que contarán con banco adicado no Concello de Fene. 
 

 

Imaxe: Eva Sardiña tocando no acto dos 90 anos do Monumento ao Camiñante Descoñecido. Barallobre (Fene) .2024

Fotografía Xan XE

Cultura

Publica o teu comentario agora