ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Vivir a diferenza, garantir a Igualdade”. Este é o lema da campaña institucional que conmemora o vindeiro 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, que este ano ten como protagonistas ás mulleres con discapacidade. A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, apuntou que un dos obxectivos da campaña é a visualización desas diferenzas, pero garantindo a igualdade para todas as mulleres.
González apuntou que as conmemoracións do Día Internacional da Muller comezarán mañá, coa inauguración na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela da exposición de fotografía “Mulleres no obxectivo” e a proxección “Mulleres XX”, unha peza audiovisual sobre a muller galega e o traballo. O acto principal da campaña será a presentación do fondo bibliográfico “Concepción Arenal de Estudos das Mulleres” que terá lugar o 7 de marzo na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, e na que se presentarán tamén os tres primeiros volumes da obra colectiva “Historia das Mulleres en Galicia”.
Pola súa banda, a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López, presentou os primeiros resultados do estudo “Xénero e Discapacidade: Aproximación á situación das mulleres con discapacidade en Galicia”. Segundo este, as mulleres con discapacidade sofren a chamada “dobre discriminación” e atopan atrancos na propia familia, pola sobreprotección e o mantemento de roles tradicionais; no eido da participación social; e nas relacións de parella, existindo reticencias por parte da familia a seren informadas. O estudo conclúe tamén en que as mulleres con discapacidade son as máis vulnerables perante a violencia de xénero e os abusos sexuais.