ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Merecida homenaxe en Fene ás mulleres que sufriron e loitaron nos tempos da reconversión que sumiu á nosa comarca nunha grave crise económica e existencial. O acto central para conmemorar o 8M é a presentación de Mulleres da Reconversión, iniciativa do Concello que contou co apoio da Deputación da Coruña. O director do proxecto, Iago Varela, destacou en Radio Fene os emotivos momentos que se viviron no proceso de gravación do documental.

Por iniciativa do Concello de Fene, co respaldo da área de Igualdade da Deputación, presentase este venres, ás seis da tarde, na Casa da Cultura Mulleres da Reconversión. Será un acto de xustiza, di a alcaldesa, Sandra Permui, para que as mulleres teñan, igual que os homes o recoñecemento social. A alcaldesa, Sandra Permui; a Deputada de Igualdade da Deputación, Sol Agra, e a directora de Navantia Fene, Carla Chawla reuniranse coas mulleres que participaron no proxecto.
Mulleres da Reconversión é un proxecto dirixido por Iago Varela que inclúe un documental, unha exposición e tamén contará con unha publicación. Recollen as vivencias das mulleres que loitaron e compartiron cos seus homes medos e preocupacións mentres sacaban adiante as súas familias, porque os efectos da reconversión chegaron a todas as familias de Fene, mesmo as que non vivían directamente de Astano.
Publica o teu comentario agora