ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As mulleres de Barallobre prometeron gardar e coidar o Monumento ao Camiñante Descoñecido no momento da súa inauguración. O vindeiro sábado, como todos os anos, unha romaría lembrará ese feito. Os grupos Silbarda e Preganza do Pote actuarán na xornada. Servirase polbo á feira e se convida á veciñanza a acudir co xantar ao campo da festa de Barallobre. As cinco e media comezará a andaina en dirección ao Monumento. Haberá festa da escuma e logo sardiñada dende as oito e media da tarde.Haberá xogos e festa para a rapazada dende as doce e media do mediodia a cargo do grupo Fiestoke.
O Monumento ao Camiñante Descoñecido inaugurouse en Barallobre (Fene) o 1 de xullo de 1934 nun acto que contou coa participación de Ramón Otero Pedraio e doutros ilustres intelectuais da época. O xornalista Alfonso Piñón foi o principal impulsor dun monumento que quere simbolizar unha homenaxe ao viaxeiro, á cultura galega e máis ao entorno natural.
Fotografía Arquivo Jorge Gómez. O Seixo. Mugardos
Publica o teu comentario agora