ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O tecido asociativo de Fene goza de vitalidade. E niso teñen moito que ver as mulleres. Vaillo recoñecer o Concello este ano coincidindo co 8M
O Concello de Fene aproveita o 8M para darlle visibilidade o labor das mulleres que participan no movemento asociativo. “Son o motor”, destaca a concelleira de Igualdade Sandra Permui, que agradeceu o labor das mulleres implicadas no funcionamento das sociedades. Canda ela, Eva Fraga, de Agarimo Sillobre; Ana Santiago, de Limodre; María José García, de Maniños; Paula Romero do CMI Unidade de Fene, e Pepa López de Barallobre falaron en Radio Fene da presenza das mulleres nas sociedades, da súa importancia para manter o tecido asociativo e do seu compromiso coa comunidade.
“Elas, escríbese en feminino”. Lema das actividades que celebra este venres o Concello de Fene con motivo do Día da Muller. A iniciativa busca recoñecer e visibilizar o papel fundamental das mulleres na historia, na sociedade e no desenvolvemento comunitario, poñendo o foco na súa memoria, traballo e loita pola igualdade.
Publica o teu comentario agora