Mulleres de Fene

Mulleres de Fene
03 de Marzo, 2026 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

A presentación de “Mulleres da Reconversión” centra a programación do 8M en Fene.O acto celebrarase o venres 6 de marzo ás 18.00h na Casa da Cultura e servirá como homenaxe ás mulleres que participaron no proxecto. O Concello de Fene tamén pendurará unha faixa elaborada polas mulleres do gancho, que volven sumarse á conmemoración tecendo mensaxes de igualdade.

Actos en Fene para conmemorar o Día Internacional da Muller que lles contamos. O Concello de Fene presenta o proxecto e documental “Mulleres da Reconversión”, impulsado pola Deputación da Coruña, como eixo central da programación do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. O acto terá lugar o venres 6 de marzo, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura, e converterase nun espazo de recoñecemento público ás mulleres que participaron nesta iniciativa de recuperación da memoria colectiva. A presentación contará coa presenza das protagonistas do proxecto, así como da alcaldesa de Fene, Sandra Permuy; a deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Sol Agra; do director do proxecto, Iago Varela, e da presidenta de Navantia, Carla Chawla. A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, destacou que “este 8M queremos facer un exercicio de memoria e de xustiza, recoñecendo o papel imprescindible das mulleres na nosa historia recente”. A rexedora subliñou que “Mulleres da Reconversión é un proxecto que nos permite escoitar, aprender e agradecer situando no centro ás protagonistas dun tempo complexo que marcou fondamente a vida de Fene”.

Dentro da programación do 8M, o Concello tamén pendurará na fachada da Casa do Concello unha faixa elaborada polas mulleres do gancho, que un ano máis se suman á conmemoración tecendo mensaxes de igualdade. 

Institucional

Publica o teu comentario agora