ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Moito tiveron que loitar as mulleres para poder formar parte do engrenaxe xurídico. Tamén o mundo do Dereito foi vetado ás mulleres, durante vinte séculos, e iso que algunhas deron proba da súa capacidade oratoria, como relatou en Radio Fene a avogada María Álvarez Real. “A súa elocuencia irritaba”, apunta a letrada.
Amaesia Sentia e Caya Afrania, dúas mulleres da antiga Roma, deixaron pegada na Historia do Dereito. Amaesia defendeuse a si mesma nun xuízo. Resultou tan convincente que a absolveron por unanimidade. Evitou que lle verqueran chumbo polas costas, pero aos xuíces non lles gustou nada que fora tan elocuente. “A máis rebelde letrada de Roma”, así era coñecida Caya Afrania. “Era moi vehemente nos seus alegatos e iso irritaba”. Tanto que lle deron o seu nome á Lex Afrania que prohibiu o exercicio da avogacía ás mulleres.
Tiveron que pasar moitos séculos ata que a muller puido exercer. A primeira da que hai constancia é Sarmiza Bilcescu, avogada rumana que naceu en torno a 1867, filla dunha nai feminista e con estudos. Sarmiza conseguiu facer a carreira de Dereito en París e chegou a exercer. “A primeira licenciada, colexiada e que exerceu”. Unha recente serie de televisión está baseada no caso de Lidia Poët, a primeira italiana que estudou Dereito pero os xuíces non lle permitiron exercer. Crese que exercía usando ao irmán como home de palla e que “ela era a cabeza pensante, a que deseñaba as estratexias”.
En España a primeira avogada foi, en 1922, Ascensión Chirivella Marín. A primeira que ingresou nun Colexio de Avogados e puido exercer, en 1925, foi Victoria Kent. Tamén desa época destaca o nome Clara Campoamor, que loitou polo sufraxio feminino e logrou a aprobación do divorcio, entre outras medidas que lle debemos as mulleres.
Publica o teu comentario agora