Mulleres en tren a Santiago de Compostela

Mulleres en tren a Santiago de Compostela

08 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

En tren viaxan a Santiago de Compostela as mulleres da Marcha Mundial o próximo sabado dia 13 de marzo, dende todas as localidades. É a chamada que fixeron nas concentracions que neste 8 de Marzo se realizaron en todas as cidades. A Coordenadora comarcal da Marcha Mundial das Mulleres reuníu no Cantón de Molíns ao numero máis elevado de persoas dos últimos anos, entre elas o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e a portavoz de

Coas concentracións deste 8 de marzo arrinca a III Acción Internacional que rematará no mes de outubro na República Democrática do Congo. Este ano a enerxía das mulleres quere orientar a sua solidaridade coas mulleres deste país africano que sofren as penurias da guerra. Pero antes diso, o sabado dia 13 de marzo en Santiago de Compostela convoca a MMM unha manifestación nacional á que queren acudir en tren. Agás Ferrol, que non dispón dunha boa comunicación por ferrocarril, de todas as localidades sairán as mulleres e homes neste medio de locomoción. Dende Ferrolterra cabe a posibilidade de viaxar en coche ata a Coruña e dende aló marchar á capital galega no tren.

A concentración está prevista para as 6 da tarde na Praza de Cervantes, a onde se chegará en manifestacion dende a estación do ferrocarril. Na praza compostelana actuarán "Churra e Merina supervedettes". A seguinte cita, no mes de outubro, levará á Marcha Mundial das Mulleres un ano máis a Vigo.

Na concentración comarcal de Ferrol, centos de persoas asistiron á presentación das "marchantas" bonecas que representan a condición da muller e a superacion das suas barreiras. No inicio do acto tamén houbo unha sentida lembranza para Ana Rodriguez Paz "Anita" activa compoñente da  Coordenadora da MMM de Ferrolterra, falecida hai uns meses nun accidente doméstico. 

Sociedade