Mulleres na rúa e na folga o 8M

Mulleres na rúa e na folga o 8M
05 de Marzo, 2021 - 01:03 h. | Publicada por Radio Fene

Con ruído chega o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Ruído e novas contradictorias pero Galegas 8M xa sabe o que facer. Renuncian este ano á convocatoria dunha manifestación nacional como viña sendo habitual anos atrás, pero en Galicia haberá concentracións en aproximadamente 30 localidades e tamén hai folga de mulleres baixo o lema: Sen coidados non hai vida. Mulleres en folga: esenciais, precarizadas e fartas!!!

ESCOITA O PODCAST:

Galegas 8M poñen os coidados no centro das reivindicacións. Porque o traballo de coidados debe ser o centro e motor da vida. Visibilizar o que está invisibilizado. A grande parte de coidadoras somos mulleres; a precarización laboral é maioritariamente feminina. O 77% do traballo destruído na pandemia é feminino tamén. E este ano vólvese convocar folga de 24 horas de mulleres. As razóns da folga e de sair á rúa explicounolas, Helga Mendez, de Galegas 8M na comarca de Ferrol.

En Ferrol, a concentración farase na Porta Nova, o luns ás 19 horas. Helga Méndez explicanos que haberá un servizo de orde para organizar ás participantes de maneira que se cumpla a normativa sanitaria e se garden as distancias. A concentración estirarase en varias columnas pola estrada de Castela. Todas as mulleres podemos participar na xornada do 8M con outros xestos aparte da nosa participación na folga ou nas concentracións; colgando da fiestra da casa o mandil ou algunha tea de cor morada; portando unha máscara desa cor ou colgando fotos nas redes sociais.

 

(Imaxe da concentración do 8M en Ferrol. Praza de Amboaxe 2020)

Sociedade

Publica o teu comentario agora