Mulleres na reconversión, para mostra un botón

Mulleres na reconversión, para mostra un botón
06 de Marzo, 2026 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

O Colexio Centieiras de Perlío sumouse esta mañá ás conmemoracións do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Durante o acto, realizouse unha lectura dramatizada do conto “Mulleres que non se renderon”, que destaca o papel das mulleres como referentes na loita da reconversión naval. A reflexión culminou coa acción creativa “Mulleres na reconversión: para mostra, un botón”.

ela, empregáronse un pequeno jacket e botóns de cor morada cos que cada nena e neno homenaxeou as mulleres que, naquel contexto tan difícil, puxeron a súa “puntadiña” para saír adiante. Con este xesto, a rapazada quixo visibilizar e reivindicar o seu labor fundamental.

Sociedade

Publica o teu comentario agora