ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Dous autobuses sairán de Fene para participar na Carreira da Muller da Coruña programada para o domingo día 27 de setembro. A presidenta da asociación Por + Vida, Laura Cruz, e a vogal Rosa Graña, falaron da iniciativa.

Cento cinco mulleres viaxarán de Fene ata A Coruña para participar, o día 27, na Carreira da Muller formando parte da comitiva organizada pola entidade Por + Vida. A maioría das participantes son de Fene, onde ten a sede a asociación, pero hai mulleres de toda a comarca. Son veteranas na Carreira da Muller que non require ningunha condición física especial. Os 6,3 quilómetros de percorrido poden facerse correndo pero tamén camiñando.
Calquera muller ou nena a partir dos 8 anos e sen límite de idade. De feito, con Por + Vida viaxa todos os anos unha muller de 85 anos. “Leva moitos anos indo e fai todo o percorrido completo”, explicou Laura.
Os autobuses sairán de Fene ás 8.30 e o regreso está previsto contra as 14. A Carreira comezará ás 11 nas inmediacións do Estadio de Riazor. “E bonito ver a toda a xente vestida de rosa que participa nela”, recoñece Rosa.
Publica o teu comentario agora