Mulleres que viven soas

Mulleres que viven soas
04 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"As meigas eran mulleres boas, sabias e comprometidas, pero non sempre" afirma a autora teatral Paula Carballeira, que actúa en Mulleres que viven soas, unha coprodución entre Berrobambán e o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Estrease este sábado ás oito da tarde no Pazo da Cultura de Carballo.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Nacida en Maniños (Fene). Recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023 pola súa obra “As alumnas”. O xurado valorouna como un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate. Agora presenta unha nova obra “Mulleres que viven soas”. Tres mulleres, Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo, dan voz e corpo a historias reais e personaxes femininos de ficción. 

 

Imaxe de Paula Carballeira en Radio Fene

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora