Mulleres, saúde e dereitos

Mulleres, saúde e dereitos
25 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene celebra o Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres que se conmemora o martes, día 28. A Concellería de Benestar e Igualdade deseñou distintas actividades con este motivo. “As mulleres somos máis da metade da poboación e queremos que a nosa saúde e benestar se valoren”, apunta a concelleira Sandra Permui, que presentou a programación acompañada pola traballadora social que leva temas de muller, Adelaida Abad, e Deisy Pérez, alumna en prácticas do curso Promoción da Igualdade de Xénero.

ESCOITA O PODCAST:

Unha andaina pola saúde das mulleres desde o paseo de San Valentín ata a Casa do Concello é o acto central que terá lugar o día 28. Con saída ás 11:00, rematará unha hora despois coa lectura do “A saúde das mulleres é un dereito”. A programación tamén inclúe a difusión, a través de Radio Fene, de información de interese relativa á saúde das mulleres. Pílulas informativas que tratarán sobre nutrición e lactancia, fibromialxia, a carga familiar das mulleres, a influencia do xénero na saúde, o chan pélvico e a soidade non desexada. Emitiranse a partir das 11:00 horas no programa A Fenestra de acordo coa seguinte programación:



Día 27: Sonia Gómez e Cristina Cotobar, ambas as dúas fisioterapeutas do Centro de Saúde de Narón, falarán sobre a fibromialxia.

Día 28: Iria González, nutricionista do Centro de Saúde de Fene, falará sobre nutrición, embarazo e lactancia.

Día 29: Etelbina Caeiro, que é enfermeira do Centro de Saúde de Fene, encargarase de mostrarnos como a saúde si ten xénero.

Día 30: Paula Paz, traballadora social, falaranos dun traballo realizado en conxunto coa pediatra do Centro de Saúde de Fene, Guadalupe, sobre a carga familiar das mulleres.    

Día 31: a matrona xubilada do Centro de Saúde de Fene Generosa Yañez, dará explicacións sobre chan pélvico e de seguido Adelaida Abad e Deisy Pérez informarán  sobre a soidade non desexada das mulleres.

    

Sociedade

Publica o teu comentario agora