ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene pon sobre a mesa que a desigualdade tamén se reflicte na atención á saúde das mulleres. Súmase ao Día Internacional que chama a atención sobre esta situación inxusta. O acto central foi unha andaina que saíu ás once da mañá do Paseo Marítimo de San Valentín, organizada pola Concellería de Benestar e Igualdade. A marcha rematou diante da Casa do Concello coa lectura do manifesto “A saúde das mulleres é un dereito”, que correu a cargo da concelleira responsable da área de Igualdade, Sandra Permui
A saúde das mulleres é un dereito. Lema co que o Concello de Fene se adheriu á celebración este 28 de maio do Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres. Con esta conmemoración queremos contribuír desde o local a dar visibilidade ás mulleres que traballan cada día no ámbito da saúde, sendo o seu altofalante para poñer sobre a mesa cuestións relativas á saúde das mulleres”, salientou Sandra Permui. A concelleira tamén tivo palabras de agradecemento “para todas a traballadoras que contribuíron a facer posíbel a celebración do Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, compartindo o seu coñecemento e experiencias con todas as nosas veciñas”.
Publica o teu comentario agora