As mulleres transmitiron o saber

As mulleres transmitiron o saber
12 de Novembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Non é só literatura aquilo que se escribe. Con este podcast "As mulleres transmitiron o saber. Cantares e cantareiras" pretendemos facer unha viaxe pola música e a literatura de tradición oral. Para non perdérmonos demasiado polos camiños desta viaxe recorremos ás guías de homes e mulleres, teóricos e prácticos destas excursións, escritores e escritoras, músicos e músicas, que xa fixeron ou aínda intentan facer, á súa maneira, traxectos relacionados con esta viaxe ao país das mil e unha coplas, dos mil e un contos, dos mil e un bailes, dos mil e un viños... Homes e mulleres, de tipoloxías moi dispares, que teñen en común o seu compromiso coa divulgación dos descubrimentos atopados polo camiño.

ESCOITA O PODCAST:

Episodio número 1 de "As mulleres transmitiron o saber":
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/101125MULLER.mp3

En pro da chegada a esa meta frutífera recorremos a guías como María Lado, Gisela Sanmartín, Mercedes Peón, Dorothé Schubarth, Felisa Segade, Antonio Tizón, Richi Casás ou Xulia Feixoo. Iniciamos aquí a viaxe. Grazas por embarcarse neste periplo.

"As mulleres transmitiron o saber. Cantares e cantareiras" é unha produción de Emisoras Municipais Galegas. Conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. 

 

Imaxe de Gisela Sanmartin. Xullo de 2025. Acto no Monumento á Patria Galega. Fene. 

Cultura

Publica o teu comentario agora