ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Segundo Campus Multideporte organizado pola Asociación Veciñal de Limodre. Terá lugar do 10 ao 24 de xullo. En horario de mañá. Aberto a nenos e nenas que practicarán distintas disciplinas deportivas. Presentou a programación en Radio Fene o coordinador do Campus, Xurxo Rodríguez.

Aposta pola inclusión o Campus Multideporte da Asociación Veciñal de Limodre. Na programación deste ano ofrécese a posibilidade de practicar deportes adaptados como baloncesto e tenis en cadeira de rodas. Tamén é novidade a oferta de atletismo en praia e a de deportes autóctonos coa práctica da chave. Tamén cambian a augas de Mugardos a práctica de kayac e remo. Ademais a oferta inclúe fútbol sala, baloncesto, balonmán, artes marciais e ximnasia. Para que as rapazas e rapaces participantes gocen do verán ao tempo que se familiarizan con unha gran diversidade de especialidades deportivas. Información e inscricións no local social da Asociación Veciñal e no teléfono 637 059 738. Quedan poucas prazas.
Publica o teu comentario agora