Musica contra a fame no Jofre

Musica contra a fame no Jofre

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un festival benéfico contra a fame acolle o Teatro Jofre de Ferrol o sabado dia 25 de abril, dende as 8,30 da tarde. Artistas da comarca e de fora dela colaboran desinteresadamente con esta iniciativa da Fundación ADRA na que colabora o cocnello de Ferrol. Voces como a de Ruibal clamarán pola solidaridade.

A  Axencia para o Desenvolvemento e Recursos Asistenciais, ADRA, organiza o II concerto benéfico no Teatro Jofre de Ferrol para pedir aos  ferroláns colaboración contra a fame. Reúnen no Jofre o próximo sabado dia 25, a artistas como Antonio Ruibal e Mª José Ladra, acompañados ao piano por Ricardo Blanco. Los Zares, Sito Sedes e Sabela. Esta última presentará cancións do seu ultimo disco. Presentarán o festival Pichi Varela e Mapi Venancio.

Tratase derecadar fondos co fin de mercar alimentos para as familias máis necesitadas de Ferrol e comarca. As localidades están á venda no teatro, na Galería Sargadelos e nas asociacións veciñais do Ensanche A e de Caranza, así como no local da Fundación ADRA, na rua Breogán 53. Existe tamén unha fila Cero en Caixa Galicia e La Caixa. Colaboran coa iniciativa as concellerías de Cultura e Benestar do concello ferrolán.  A Fundación ADRA atende ás familias sin recursos da comarca, con alimentos, roupa e calzado e para iso realizan catro campañas anuais: a de Nadal e Reis, a das mochilas escolares en Setembro e esta.    

Sociedade