Musica polo Nadal

Cabanas convídanos a un concerto este venres
15 de Decembro, 2020 - 01:44 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Cabanas organiza un concerto de “Keilin 5 Ensemble”, unha cita que terá lugar o próximo venres, 18 de decembro, ás 18h no Salón de Plenos da Casa do Concello.

O Concello de Cabanas, a través da área de cultura, organiza un concerto de “Keilin 5 Ensemble”, unha cita que terá lugar o próximo venres, 18 de decembro, ás 18h no Salón de Plenos da Casa do Concello. Debido ás restricións sanitarias, o aforo estará limitado, polo que é preciso realizar inscrición previa até o mércores 16 de decembro, a través do correo electrónico cultura@cabanas.gal ou chamando ao 981 495 959 (ext. 3). As persoas interesadas deben facilitar o nome completo, data de nacemento e DNI á hora de facer a inscrición.  A decoración navideña no concello de Cabanas inclúe unha gran bóla de Nadal situada no Paseo que se está a converter nun gran atractivo turístico.

A familia Keilin, residente en Galicia, interpretará algunas das obras máis destacadas da música clásica. Os integrantes son naturais de San Petesburgo: María Keilin ao piano, Iliá, Mateo, Arsenio y Gregorio Keilin al violonchelo. O quinteto familiar nofrecerá un concierto no que os asistentes poderán disfrutar de obras de W.A. Mozart, J.Ph. Rameau e G. Faure.

 

 

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora