ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Obradoiro de musicoterapia, de hábitos saudables e de prevención e promoción de hábitos saúdables para mulleres inmigrantes ofértanse no programa de actividades dirixidas á mulleres que se desenvolverá o 26 de outubro, o 24 de novembro e o 10 de decembro, respectivamente. Os tres cursos gratuítos teñen limitadas as prazas a quince mulleres, segundo salienta o Concello de Fene (A Coruña).
O obradoiro de musicoterapia levarase a cabo o vindeiro luns 26 de outubro no pavillón polideportivo de San Valentín. Entre os obxectivos deste curso atópanse a potenciación do emprego da música e ritmo con elementos de comunicación, desenvolver a creatividade ou favorecer a interacción e participación social. Un obradoiro práctico no que se empregará unha metodoloxía participativa e dinámica. Realizaranse traballos con sons do ambiente, experimentos acústicos ou a aprendizaxe da respiración.
A Casa do Concello acollerá o 24 de novembro o obradoiro de hábitos de vida saúdable. Orientaráse sobre os hábitos alimenticios sans, sobre a prevención de diversas patoloxías e da utilidade do exercicio físico diario para mellorar a calidade de vida entroutros aspectos. Combinaráse a teórica coa práctica. Entre os temas que se tratarán destacan os trastornos alimentarios, os efectos nocivos do tabaquismo e a comida “lixo”.
Ás mulleres inmigrantes residentes en Fene maiores de 16 anos diríxese o terceiro obradoiro de prevención e promocición de hábitos saúdables deste colectivo. Desenvolverase na Casa do Concello o 10 de decembro. Promoveráse a mellora da saúde destas mulleres contribuíndo á redución das iniquidades de xénero, o seu acceso á información e aos recursos materiais relativos á saúde. Empregaránse soportes didácticos dende carteis, fotos ou videos. Construiránse os contidos a partir das inquedanzas das participantes. Segundo a psicóloga do Concello de Fene, Eva Sayago tamén se fará fincapé na saúde sexual e reproductiva, onde se afondará nos métodos anticonceptivos, nos embarazos non desexados ou nas enfermidades de transmisión sexual.
Os tres obradoiros só teñen praza para quince mulleres e terán lugar entre as catro da tarde e asa oito do serán. As interesadas poden obter máis información no Departamento de Servizos sociais de Fene na Avd, Naturais 44, entrechán dereita. Tamén nos teléfonos 981 342 607 ou no 981 492 702 ou no enderezo electrónico servizos.sociais@fene.dicoruna.es.