Musiqueando

Musiqueando
28 de Abril, 2022 - 01:43 h. | Publicada por Radio Fene

Musiqueando. Unha iniciativa na que participou o Instituto de Ensino Secundario de Fene. Alumnos e alumnas do centro educativo desprazaronse esta mañá á Praza Ramón Souto de Fene onde ofreceron un concerto ao ar libre.

Musiqueando

Trátase da sexta edición da festa da Educación Musical, Musiqueando 2022. Tras a ausencia obrigada pola situación pandémica de 2020 e a edición virtual de 2021, a convocatoria de 2022 volveu ser presencial. Participan na xornada 40.000 alumnos de 350 centros educativos. Musiqueando. Unha actividade en defensa dunha educación musical de calidade. Entre as pezas intepretadas esta mañá en Fene, O himno da alegría, Terra de Tanxugueiras, Ai mamá de Rigoberta Bandini e o Bella Ciao.

Cultura

Publica o teu comentario agora