Néboa Medio Ambiente fáise adulta

Néboa Medio Ambiente fáise adulta

02 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Néboa Medio Ambiente inicia o curso 2014-2015 e pon en marcha “Saraiba” unha nova liña de traballo dentro desta asociación ecoloxista dirixida nesta ocasión ás persoas adultas, segundo explicou Begoña Balsa.O domingo día 5 limparán a desembocadura do río Belelle.

Néboa ten tres liñas de actuación, o coñecemento do medio é unha delas, tamén a conciencia ecolóxica potenciando os productos ecolóxicos e os mercados de proximidade e unha terceira de custodia do territorio, na que proceden á prantación de árbores autóctonas ou á limpezas de espazos naturais.

De feito a primeira actividade do clube terá lugar o vindeiro domingo 5 de outubro e consistirá nunha limpeza na desembocadura do Belelle, na ría de Neda. Sairán o domingo ás 11:00 do adro da igrexa de Santa María. Aconsellan acudir con botas de auga. A actividade forma parte do Proxecto Ríos, promovido por ADEGA.

Sociedade