Néstor Rego elexido secretario xeral da UPG

Néstor Rego elexido secretario xeral da UPG

17 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O ex-concelleiro de Santiago de Compostela Néstor Rego Candamil resultou elexido esta tarde secretario xeral da Unión do Povo Galego, partido integrado no Bloque Nacionalista Galego. O Comité Central, formado por 70 persoas, tomou esa decisión ás cinco desta tarde. Nëstor Rego, licenciado en Xeografía e Historia, e profesor de Ensino Medio, naceu en Viveiro, pero reside dende hai anos na capital de Galicia.

Segundo informa Sermos Galiza, a UPG afondou nas súas teses ideolóxicas e amosou a consistencia da súa militancia.O novo secretário xeral é un home ben coñecido no partido xa que milita no nacionalismo desde 1977 en que ingresou nas filas de Erga. Membro fundador dos CAF, é militante do BNG desde a súa fundación e desempeñou diferentes responsabilidades na comarca de Compostela na que milita, ocupando distintos cargos institucionais e orgánicos. Profesor de ensino secundário, Néstor Rego converteuse en concelleiro nacionalista en Santiago en 1995 para formar parte do goberno municipal catro anos despois. En 2003 foi cabeza de lista na capital galega e ocupou o cargo de tenente alcalde ate 2008, anos nos que foi tamén portavoz do grupo nacionalista.

 

Pásalle o testigo a Néstor Rego un Francisco Rodríguez que continuará no Comité Central da UPG e que recibiu unha forte ovación no discurso de apertura do seu último congreso como secretario xeral do partido. Francisco Rodríguez centrou a súa intervención na análise da situación política actual, nomeadamente, do panorama que se lle apresenta ao nacionalismo no presente mapa político. Referiuse Rodríguez ao proceso desenvolvido desde antes da Asamblea de Amio no que a UPG tentou, segundo sinalou, chegar a acordos con todas as sensibilidades que non puideron ser posíbeis.

Sociedade