Núñez Feijóo inaugura a vivenda bioclimática de Sotavento e anuncia o Plan enerxético para o lustro 2010-2015

Núñez Feijóo inaugura a vivenda bioclimática de Sotavento e anuncia o Plan enerxético para o lustro 2010-2015

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A inauguración da vivenda bioclimática que se atopa dentro do Parque Experimental Sotavento, situado na parroquia de Momán, en Xermade, serviu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo para anunciar o novo Plan enerxético estratéxico de Galicia 2010-2015, co que o executivo galego pretende conseguir un “aforro enerxético nos próximos cinco anos de 1.000 millóns de euros no que a enerxía se refire. O presidetne galeg

O máximo resposable da Xunta de Galicia acudiu a Sotavento acompañado do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra; así como da delegada do executvo en Lugo, Raquel Arias, do alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez e do presidente do PPdeG lucense, Xosé Ramón Barreiro.

Respecto á casa bioclimática, o presidente sinalou que este proxecto sitúa Galicia como un referente non só desde o punto de vista das enerxías renovables, senón tamén como un referente na investigación e na innovación e cualificou esta vivenda como “a vangarda de bioconstrución”. Feijóo explicou que a casa se basea “no sistema de utilización de enerxías renovables, na implantación de medidas de aforro e en medidas de eficiencia enerxética”. “Trátase dunha casa intelixente porque aproveita intelixentemente os recursos autóctonos e porque aforra intelixentemente a enerxía que producimos”, enfatizou.

“Galicia quere ser líder no desenvolvemento das enerxías renovables e proba disto é que estimamos que no ano 2015 o 95% da enerxía que se produza en Galicia proveña das enerxías renovables”, engadiu o mandatario galego, destacando que a vivenda bioclimática de Sotavento combina o aforro enerxético co confort.  

Na súa intervención, Feijóo aseverou que o fomento do aforro e a eficiencia son unhas das súas “prioridades, sempre cumprindo cos máximos respectos medioambientais, para fomentar e concienciar á cidadanía, así como impulsar a investigación no ámbito da enerxía”. Un dos réditos desta política será, segundo Núñez Feijóo, o incremento da taxa de autoabastecemento enerxético de Galicia desde o 27% ata o 30% nos próximos anos. Trátase dun aforro “constante no tempo e que mellorará o noso posicionamento económico, a competitividade da nosa economía e o abaratamento dos cutes de produción de todo aquilo que se faga en Galicia”, incidiu o xefe do Executivo autonómico

Plan de aforro e eficiencia nas administracións públicas
Outro dos puntos fortes do discurso de Feijóo en Sotavento doi a futura posta en marcha dun novo Plan de aforro e eficiencia nas administracións públicas. “A enerxía renovable ten outro compromiso que é o aforro daquelo que non é imprescindible gastar”, argumentou Feijóo afirmando que “sustentabilidade é tamén austeridade”. Por iso, enfatizou, “comprometémonos a acadar un aforro de ata o 40% nos edificios públicos da Xunta, xa sexan instalacións hospitalarias, sanitarias, educativas ou edificios administrativos que nos permitan ir pouco a pouco achegámonos a esta casa intelixente que hoxe damos pé á súa divulgación”.

3.300 megavatios eólicos
Alberto Núñez Feijóo destacou, ademais, o compromiso da Xunta de facer das enerxías limpas e da rendibilidade enerxética “un eido estratéxico da economía de Galicia”. Neste eido avanzou que a finais deste ano, “3.300 novos megavatios eólicos estarán adxudicados en Galicia”. “Non só os máis de 2.300 megavatios do concurso eólico en trámite, senón que sumaremos outros 300 de plans eólicos empresariais que se teñen que sumar aos outros 500 megavatios que nos primeiros 14 meses de goberno xa foron adxudicados, así como outros 100 de parques experimentais”, explicou.

“En definitiva, 3.300 megavatios funcionando ou adxudicados ao final deste ano”, unha proba, esgrimiu Feijóo, do compromiso estratéxico da Xunta ao igual, dixo, que o feito de que Galicia sexa a primeira comunidade autónoma en apostar polo coche eléctrico; que fose a primeira comunidade autónoma en regular, mediante decreto, as estación de recarga dos coches eléctricos en España; ou que é a primeira comunidade en aprobar o Clúster da Xeotermia. “Estamos comprometidos con esa enerxía e cos proxectos empresariais e cos investimentos das empresas que aposten por esta forma de facer economía”, indicou ao respecto.

Pola súa banda o responsable da área de industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, despois de felicitar ao persoal de Sotavento, considerou que “exemplos coma este parque eólico e esta vivenda bioclimática son un camiño para que Galicia sexa pioneira en aforro enerxético”.

O titular de Industria incidiu no carácter innovador do proxecto xermadino cando indicou que a vivenda era “un exemplo único en España” e que sería útil para “o mellor coñecemento das aplicacións das enerxías alternativas ou a domótica en ámbitos como o mundo profesional vinculado coa construción ou coa cidadanía de a pé, posto que ten tamén unha dimensión educativa e peagóxica”.

A vivenda permitirá o estudo da optimización dos recursos enerxéticos nos fogares galegos

Nesta instalación o Goberno autonómico leva investidos unha parte moi significativa do seu custo, 245.000 euros. O resto do rozamento se achega desde a sociedade Sotavento Galicia SA e polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Este proxecto de vivenda bioclimática ten unha superficie construída de 240 metros cadrados e conxuga a combinación do deseño e os propios elemento arquitectónicos como bazas para obter unhas condicións óptimas de habitabilidade, tendo en conta o clima e as condicións do seu entorno.

Nesta casa bioclimática búscase conseguir diversas metas. O primeiro sería unir optimización dos recursos enerxéticos coa sensación de confort térmico. Para buscar a mellor forma de combinar ambos conceptos incluíronse sistemas enerxéticos renovábeis como unha instalación solar térmica, unha caldeira de biomasa, unha bomba  de calor xeotérmica, un miniaeroxerador e unha instalación fotovoltaica  para investigar, mediante a comparación, as súas características, rendementos, e as vantaxes e desvantaxes de cada sistema.

Outro dos obxectivos é experimentar coa monitorización e o control do comportamento da vivenda e das súas instalacións. Así, un completo sistema informático permitirá empregar a domótica para minimizar o consumo de enerxía, elixindo en cad instante o sistema que debe actuar para conseguir o confort interior ao menor custe económico e ao mínimo impacto ambiental.

Esta ferramenta tamén permitirá a visualización de toda a información relacionada coa vivenda en canto a rendementos, comportamentos, estado dos sistemas, simulacións, funcionamento etc, ao mesmo tempo que posibilite unha análise e verificación real do cumprimento dos parámetros relacionados coa normativa de eficiencia no sector da edificación.

O conxunto do edificio está pensado para ser unha instalación divulgativa. As visitas estarán guiadas polo persoal de Sotavento, nas que se mesturarán as explicacións teóricas e prácticas, de forma que o visitante irá descubrindo os espazos e as diferentes áreas temáticas do percorrido.

Sociedade