Núñez Feijoo: Levantar o veto a unha ilusion, a unha comarca, a un estaleiro

Núñez Feijoo: Levantar o veto a unha ilusion, a unha comarca, a un estaleiro

17 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O levantamento do veto a construcción naval civil para o estaleiro de Navantia Fene, é un dos obxectivos do Partido Popular na Xunta de Galicia segundo indicou este mediodia o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo. España pasa pola presidencia da Unión Europea pero ata o momento a Unión Europea non pasou por España, salientou o titular do executivo no Pazo Libunca de Narón diante duns 150 cargos do Partido Po

O presidente da Xunta laiouse da actitude do goberno central que "ainda non presentou en Bruxelas a proposta para o levantamento do veto á construcción naval civil do estaleiro de Fene". Núñez Feijoo tamén reiterou a aposta da Xunta de Galicia para convertir o peirao exterior de Ferrol no primeiro porto de contenedores do Noroeste de España. Por iso non deixarán que o goberno central mire para outro lado á hora de cumprir os compromisos e os prazos na construcción do tren a Caneliñas, afirmou.

O presidente da Xunta lembrou que o Partido Popular chegou á Xunta de Galicia no medio dunha forte recesión económica. Manifestou que permanecen en vigor os 14 compromisos do contrato asinado coa cidadanía nas pasadas eleccións autonómicas. A atención ao emprego, reducir os impostos e levar a xuventude ao primeiro plano da política son algúns deses compromisos.

Sociedade