Núñez Feijoo representa a dereita fria, afirmou Pachi Vazquez

Núñez Feijoo representa a dereita fria, afirmou Pachi Vazquez

02 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Núñez Feijoo representa a dereita fria, que quere facernos sucumbir diante dos intereses dos de sempre, afirmou este mediodia en Ferrol o secretario xeral dos socialistas galegos Pachi Vazquez. O ex conselleiro de Medio Ambiente participou nunha ofrenda floral a Pablo Iglesias, no dia no que se cumpren os 130 anos da fundación do PSOE e da UXT.

4 anos é pouco tempo en comparación cos 130 anos de historia do Partido Socialista afirmou o dirixente do PSOE, aludindo á duración da lexislatura que encabezará o Partido Popular na Xunta de Galicia. Vázquez criticou as medidas de austeridade anunciadas por Núñez Feijoo. Iso é política cosmética, cando o que se necesitan para sair da actual situación económica son máis políticas sociais. Contra a crise, precisamos máis socialismo, segundo Pachi Vazquez que tamén sinalou que " os socialistas sabemos gañar e sabemos perder. Diante dun público entre o que se encontraban o candidato socialista ás eleccións europeas Antolín Sánchez Presedo, o presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda e a deputada Beatriz Sestayo.

 

Tamén acudiron á ofrenda a Pablo Iglesias os ex conselleiros Ricardo Varela e José Luis Méndez Romeu, así como os alcaldes de Fene, Ares e Cariño. Pachi Vazquez calificou os primeiros anuncios feitos polo Partido Popular na Xunta de Galicia, de receitas de imaxe, que non serven para aportar solucións nen ilusión para as persoas que quedan sen emprego.Vazquez anunciou que propoñerá o nome de Francisco Fernandez Garcia “Pedrosa” para a escola de formación de dirixentes que os socialistas queren poñer en marcha en Galicia. Ríndese así homenaxe a persoa que conseguiu a primeira acta de concelleiro na cidade de Ferrol a finais do século XIX. No acto deste mediodia tamén interveu o alcalde de Ferrol Vicente Irisarri. Reiterou o seu apoio a Pachi Vazquez e afirmou que a cidade departamental ten que seguir sendo a vangarda do socialismo galego. Ferrol sempre foi unha cidade singular, segundo Irisarri.Sempre nos moveron as ideas e non os intereses, afirmou en Ferrol o secretario xeral do PsdeG PSOE. Máis dun cento de militantes e cargos institucionais socialistas asistiron este mediodia no Cantón de Molíns ao acto conmemorativo dos 130 anos do nacemento desta formación política.

Sociedade