Na cabeza da clasificación

Na cabeza da clasificación
19 de Decembro, 2022 - 10:27 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío encabeza a clasificación da Segunda Galicia de fútbol con trinta e cinco puntos. En segunda posición o Meirás (34) e en terceira o Narahío (32). "O primeiro posto danos tranquilidade e reforza o bo traballo realizado polos rapaces" afirma o adestrador Gonzalo Beceiro.

ESCOITA O PODCAST:
Raúl Vilar marcou dous goles en Cedeira

En partido xogado na tarde do sábado, Cedeira B 2 -4 Perlío, con goles de Raul Vilar (2) Iago Pérez e Sergio. Na imaxe, Raúl Vilar.

Deportes

Publica o teu comentario agora