ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nova protesta dos propietarios das Fragas do Eume. Prevista para este domingo. De doce a unha pola ponte de Pedra. "Non se está facendo xustiza con nós, a Xunta non está por dialogar", denuncia Ángeles Pita, presidenta dunha das asociacións que representa aos propietarios das Fragas do Eume.

Non tiran a toalla. Os propietarios das Fragas do Eume esixen compensacións xustas, denuncian as numerosas restricións de uso das súas fincas. "Xa é abondo xa está ben. Das 9.106 hectáreas no parque practicamente non podemos facer nada, non nos queda máis saída que protestar"
Este domingo volven mobilizarse. Lamentan as molestias á veciñanza, piden comprensión porque están defendendo os seus dereitos. A protesta sairá da rotonda de Cabanas para dirixirse á glorieta de Pontedeume. "As Fragas non son públicas, máis do 80% teñen donos e foron vividas, moito mellor xestionadas do que están agora", lembra Ángeles Pita.
Publica o teu comentario agora