ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A II Xornada de Orientación celebrada esta semana no Pavillón A Xunqueira de San Valentín foi todo un éxito pola presencia de numerosos centros da comarca que acudiron cos seus alumnos e alumnas así como pola presencia de numerosos centros de Formación Profesional e Universidades. A directora do IES Fene, María Nogareda, valora sobretodo que a xornada axude a tantos rapaces e rapazas que se encontran na encrucillada de ter que escoller o seu futuro.
A hostelaría e a robótica chamaron a atención dos presentes nesta II Xornada, que cumpríu con creces os obxectivos marcados. Hoxe o IES de Fene celebrou o Entroido, co seu desfile de comparsas e o concurso de postres do Entroido, segundo nos contaba esta mañá a directora, María Nogareda.