Na mesma liña

Na mesma liña
25 de Febreiro, 2023 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

Logo de conseguir por fin unha vitoria fóra da casa, o Deportivo volve a Riazor para recibir ao Badaxoz, no que milita o exblanquiazul Gorka Santamaría.

ESCOITA O PODCAST:

O equipo de Óscar Cano chega á xornada 25 na terceira posición con 46 puntos e de gañar este sábado a partires das 17,00  horas ante a súa afección transformariase en líder provisional do grupo 1 en Primeira RFEF. O técnico herculino agarda que o grupo continúe na liña do triunfo porque “non hai razóns para relaxarse. Sabemos o que nos estamos a xogar e somos un grupo moi responsable”, comentou en rolda de prensa. Dende Radiofusión animamos ao Dépor a gañar en Riazor co noso Canto Deportivo. Podes escoitalo aquí ou na nosa canle de youtube.

Na imaxe, adestramento do Deportivo en Abegondo.

Fotografía: RC Deportivo.

Deportes

Publica o teu comentario agora