ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A pousada de Pedreira, a de Feliciana e a de Dositeo eran as tres fondas que traballaban en Triacastela a comezos do século vinte, segundo lembra Manolo, de 80 anos do Hostal Mesón Vilasante. Na de Pedreira tempo atrás funcionou un hospital de peregrinos. Nalgunha delas parou o poeta francés Germain Nouveau, amigo e da mesma xeración que Verlaine e Rimbaud.
O val de Triacastela fixéronno tres regatos, o de Santalla, o da Balsa e o de Ramil. Xuntáronse para facer o río de Triacastela ou Oribio, que un pouco máis adiante se chama o río de Samos e outro pouco máis adiante o río de Sarria, ata que o bebe o Neira, que vai ao Miño.
É un río alegre e muiñeiro, con esbeltos chopos nas beiras. A vila está ao pé do monte que chaman Castro, e hai espesos e fecundos castiñeiros nas abas e verdes prados na ribeira mesma. O val pechanno pola outra banda os montes que chaman Roxomil e Pena do Sulleiro.
En Triacastela hai unha igrexa de Santiago. Unha inscrición na torre di que foi reconstruida en 1709. Na fornice da torre preside a imaxe de Santiago, e o segundo corpo aparece decorado cos tres castelos que, ao parecer, deron nome a Triacastela..
Segundo conta Alvaro Cunqueiro, un poeta francés fixose mendigo e cumpreu peregrinacións e romerías. Fixo a pé os camiños. Os seus amigos publicaron un tomo de cartas del, e hai unha datada en Triacastela. Chamábase Germain Nouveau e estaba cheo de humor e fantasía. Recitou poemas en francés en Triacastela e os vellos, homes, mulleres e nenos entenderon todo. Entenderonno sen saber francés, naturalmente, porque o camiño de Santiago, concluía Cunqueiro, ten o don de linguas.
Publica o teu comentario agora