Na selva de Esmelle, Begoña Caamaño

Na selva de Esmelle, Begoña Caamaño
13 de Xuño, 2026 - 06:42 h. | Publicada por Radio Fene

O II Festival de Podcast de Galicia clausurase esta tarde en Fene. As actividades contaron onte cunha numerosa participación de nenos e nenas dos centros educativos. Presentouse o podcast titulado “Na selva de Esmelle. Begoña Caamaño, a releitura dos mitos”, unha homenaxe á autora á que se dedicou o Día das Letras Galegas. Pim Patinho é a responsable desta proposta, baseada nunha idea de Henrique Sanfiz para aproveitar unha serie de entrevistas que o xornalista lle tiña feito a Caamaño e contribuír así ao coñecemento da súa figura. Patinho explicou que -como profesora, amiga e compañeira de militancia da escritora en Mulheres Nacionalistas Galegas- quixo recoller toda esta experiencia creando dúas personaxes: Ana, unha docente, e Ana a súa alumna. Esta última -subliñou a autora- é un compendio das alumnas que coñeceu ao longo da súa carreira, que eran brillantes sen ter consciencia diso e que só necesitaban unha man que as guiara. Coa dirección de Eugenia Sanmartin e as voces de Vicky Sas e Marián Rey, gravouse o primeiro capítulo dese podcast centrado na obra de Begoña Caamaño “Circe ou o pracer do azul”, unha releitura da Odisea de Ulises na que Penélope, lonxe de representar a fidelidade na súa inacabable espera de Homero, revélase unha muller capaz de gobernar o reino de Ítaca na ausencia do seu home durante 20 anos mentres tecía e destecía. A conversa entre Ana e Ana mestúrase con fragmentos das entrevistas a Caamaño, tamén sobre "Morgana en Esmelle".

Fotografía Xan Xe

O Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo de Perlío, en Fene, acolleu onte a primeira xornada do II Festival de Podcast da Asociación de Emisoras Municipais Galegas, xuntando en horario de mañá e tarde a numeroso público interesado en achegarse a esta nova e exitosa forma de comunicación, que dá unha nova vida á radio. A inauguración foi presidida pola alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, que deu a benvida aos par cipantes nas conferencias, obradoiros e mesas redondas incluídos programación deste primer día do festival, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Nel presentáronse dous podcast pensados para os máis novos: “As crónicas de Centieiras”, do alumnado de Educación Infan l e Primaria do colexio fenés, e “Un colar de contos”, no que Isabel Freire recupera a través da voz da avoa Isa contos tradicionais. No capítulo formativo e divulgativo, a xornada incluíu un obradoiro para aprender a facer un podcast, a cargo do director de Radio Neria, Toño Casais, ademais de dúas charlas sobre boas prácticas e cómo enfrontaras crises reputacionais impartidas por Lorena López e Silvia Alende de Actual Comunicación. A presentación do proxecto teatral “Dez de marzo”, do colectivo Opaí Teatro - dirixido por Cristina Mariño e que recibiu o galardón ao mellor proxecto artístico nos Premios de Teatro Amateur Gil Vicente- e unha mesa redonda sobre a presenza do galego nas redes sociais a e comunicación dixital completaron unha xornada na que tamén houbo tempo para a gravación dun episodio ao vivo do podcast “Universo nosso”, co que o colectivo Brincarmos foi premiado no I Festival de Podcast. A segunda edición con nuará este sábado, xa en horario únicamente de mañá, coa presentación dos 11 podcast que participan no certame patrocinado por Deleite. Celebraranse ademais dúas mesas redondas sobre o podcast na radio local e sobre algúns exemplos de programas dedicados á memoria. Unha charla coloquio sobre “Intelixencia Artificial e Sociedade” e a actuación da agrupación de cantos de taberna “Son d Cantos” darán paso ao acto de clausura e a entrega de premios aos galardoados. Máis información en www.fes valdepodcast.gal 

 

Na imaxe, Eugenia Sanmartin, Marián Rey e Vicky Sás no primeiro episodio de "Na selva de Esmelle"

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora