Na Selva de Esmelle III

Na Selva de Esmelle III
15 de Xullo, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Unha dedicatoria? De Begoña? Dedicoucho, profe ?...digo, Ana.

Acouga, non é a min, senón a todos vós. Anda le.

ESCOITA O PODCAST:

Prazer azul, lilá e multicolor é 

atopar centros onde a leitura é

atenta e observante.

Pracer é ter a sorte de me 

ver directamente interpelada

por rapazas e rapaces tan

intelixentes e sensíbeis

que agoiran un futuro 

máis semelhante à vida

en Eea que ao destino

de Troia.

           Mil beijos e

           moitísimas grazas.

                      Bego.



O Podcast “Na Selva de Esmelle. Begoña Caamaño a releitura dos mitos” é unha produción de EMUGA, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas que conta co apoio da Deputación da Coruña. Dirixido por Eugenia Sanmartín, con guión de Pim Patinho e interpretado por Vicky Sas e Marian Rei. 

Fotografía: Arquivo de BC

Cultura

Publica o teu comentario agora