Na Selva de Esmelle VI

Na Selva de Esmelle VI
20 de Xullo, 2026 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

Sexto capítulo do Podcast “Na Selva de Esmelle. Begoña Caamaño a releitura dos mitos” é unha produción de EMUGA, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas que conta co apoio da Deputación da Coruña.

ESCOITA O PODCAST:

“... Aínda que a miña intención inicial ao me sentar a escribir este relato foi só de me ocupar de Circe e de Penélope, conforme ía avanzando na escrita do texto, outras personaxes da Odisea foron aparecendo no meu maxín para me reclamaren tamén, se non un novo papel no relato, si explicacións que fixesen máis humana a súa historia. E non aceptaban un non por resposta.

  Así chegou Telémaco, acosándome a preguntas sobre a súa triste infancia pasada á sombra dun pai ausente, e a necesidade de lle dar cumprimento ao seu masculino deber de asumir o seu lugar e encher o inmenso, inabarcábel oco, deixado polo heroe.

  Así tamén Anticlea, a muller que podería chegar a ser unha magnífica gobernante e que se viu obrigada a non poder satisfacer a súa vocación máis que a través do seu fillo. E Laertes, preguntándome polas razóns do seu retiro, do seu abandono; polos motivos que o levaron a rexeitar poder e honores para coidar ovellas e durmir na montaña...”

O Podcast “Na Selva de Esmelle. Begoña Caamaño a releitura dos mitos” é unha produción de EMUGA, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas que conta co apoio da Deputación da Coruña. Dirixido por Eugenia Sanmartín, con guión de Pim Patinho e interpretado por Vicky Sas e Marian Rei.

Imaxe: e Ana Romaní lendo o manifesto do 8 de marzo do 2000. Arquivo MNG.

Cultura

Publica o teu comentario agora