As nabizas piden unto, e os grelos lacón ao punto

As nabizas piden unto, e os grelos lacón ao punto

05 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

En Galicia comemos grelos dende hai 4.000 anos, segundo afirman os expertos baseandose nos restos arqueolóxicos atopados. Ata o século XVI era un alimento básico en Europa, pero foi parcialmente desprazado pola pataca traída de América. Os grelos son as follas adultas do nabo cando a planta madura é próxima á floración, cunha textura e un sabor distintos de cando as follas son novas, cando son ainda nabizas.

Refráns e cancións referidas aos grelos, recollidos da publicación Arredor dos grelos editada pola concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ames no ano 2006:

As nabizas piden unto, e os grelos, lacón ao punto.
Os nabos de outono fan rico ao seu dono.
Tales terras, tales nabos.
O nabo para ser bon,  ten que ser sementado antes do San Ramón.
Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
Nabo, nabizas e grelo, a trinidá do galego.

Na miña vida tal vin,
Nabizas con alcacén
Comeunas o crego de Ares
Que boa vida che ten

Sociedade