ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Din que o inglés é o idioma máis acaído para o pop e o rock por unha cuestión de métrica. Ao músico asturiano Nacho Vegas, isto non lle preocupa. Longuísimos versos, mesmo oracións subordinadas, hai nos relatos que declama máis que canta e nos que de cote as palabras semellan perseguir correndo á música. Mais o de Vegas non é verborrea baleira, senón desexo de contarse e cantarse aos demais. Impúdico, a
No escenario hai un galego dándolle réplica a Vegas: trátase do crooner vigués Abraham Boba. No tema de presentación do disco, “Dry Martini S. A.”, Boba amonesta rumorosamente ao xefe do show (“Nacho, lo estás haciendo mal”), mais ninguén pensa tal cousa. O ex Manta Ray, que compartiu discos con Enrique Bunbury e Christina Rosenvinge, é un artista de culto que, en poucos anos, pasou de ser un gurú da comunidade indie a, se cadra, un dos mellores cantautores en castelán: manifestamente talentoso.