Nación chega aos Duplex

Nación chega aos Duplex
11 de Marzo, 2021 - 01:59 h. | Publicada por Radio Fene

Margarita Ledo presenta “Nación” nos Duplex Cinema de Ferrol o sábado 27 de marzo.

Margarita Ledo presenta “Nación” nos Duplex Cinema de Ferrol o sábado 27 de marzo ás 17.15h . A cineasta acudirá ese día á sala ferrolá para presentar a película. A fábrica galega de loza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera de sentenza sobre a súa reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical. Nieves, Ester, Manuela, Carmen P. e Carmen A. manteñen viva a pelexa polos dereitos da muller na España do século XX. A historia das súas vidas desprégase en presenza da esfinxe: reclama a memoria das operarias do téxtil, a louza e a conserva e anuncia voces e arquivos que engarzan tempos e corpos diferentes. Traballar sen cobrar? Iso nin falar. Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero polo ICAA. Acadou o premio á mellor dirección de filme español en Sevilla 2020.

Cultura

Publica o teu comentario agora