Nada semella igual

Nada semella igual
18 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Por onde andes e con quen camiñes forxarán o teu destino”. Son as palabras dunha avoa meiga á protagonista de Receitas para cociñar o ar. Un libro de Pepablo Patinho sobre o que falaremos este mércores no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

A natureza, as fragas, os valores da infancia, as aprendizaxes das avoas e de mestras tan especiais como Amparo teñen cabida nesta obra do ferrolán Pepablo Patinho. “A personaxe de Amparo é unha homenaxe a unha mestra que tiven eu”. Hai moitas persoas que deixan pegada na infancia e tamén moitos arrecendos e fermosas experiencias sobre as que trata Receitas para cociñar o ar de Edicións Embora. A través dos camiños dunha nena vivimos a evolución cara a unha meiga adulta. “Nada semella como cando eu era pequena”, expresa con nostalxia a protagonista deste libro. Pepablo Patinho conta cunha ampla experiencia poética, literaria e teatral.

Fotografía: Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora