Nadal intenso

Nadal intenso
20 de Decembro, 2025 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

Música, decoración, contos…e moito máis celebran este Nadal en Limodre. Con motivo das festas a Asociación Veciñal ten en marcha unha variada programación da que informou o presidente da entidade, Nacho Martínez, satisfeito coa aceptación veciñal.

ESCOITA O PODCAST:

Xa celebraron talleres de decoración para aprender a facer bolas e tamén coroas e centros, e para esta fin de semana anuncian novas actividades como un mercado circular que terá lugar o sábado na Escola de Limodre. Para o domingo o programa inclúe galletas de Nadal e contos de lareira. A vindeira semana haberá desde brinde en Noiteboa ata un taller de coiro e o 31 despedirán o ano coas badaladas de mediodía. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora