ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Esforzo esgotador para o Maniños que o domingo viaxou a Tordoia sen xogadoras de recambio para enfrontarse ao líder da clasificación. 8-1 quedou o marcador “Tivemos que nadar e gardar a roupa”, di o adestrador Xurxo Rodríguez.

“Na primeira parte competimos co líder, na segunda aumentaron o ritmo e nós, sen cambios, non podíamos ir arriba”, explica o técnico do Maniños, que xogou os últimos 25 minutos con unha xogadora menos debido á lesión de Laura. No primeiro minuto de partido marcou o Tordoia. O Maniños foi quen de empatar ao pouco cun gol de Lara, pero o equipo local, que conta cun equipo forte e varias xogadoras que pasan dos dez goles, unha delas dos trinta marcados esta tempada, fixo valer a súa condición de líder.
Publica o teu comentario agora