Nadar sempre axuda

A natación postparto ponse en funcionamento dende o mes de febreiro.
31 de Xaneiro, 2019 - 02:33 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene abre a inscrición na Escola de Natación postparto. Poderá formalizarse no pavillón da Xunqueira de luns a venres de 9 a 13,30
h e os mércores en horario de tarde, de 16,30 a 19 horas.



O Concello de Fene comezará a ofertar en febreiro a "Escola de natación postparto", que se realizará xunto coa “Escola de natación para embarazadas" que xa se vén realizando dende hai un tempo.

A escola de natación para embarazadas é un programa de exercicios acuáticos orientado a evitar un sobrepeso innecesario, a preparar os músculos para o parto e a lograr un estado de relaxación e benestar durante a etapa de xestación. Ademais, a preparación física previa ao parto supón unha mellor e máis rápida recuperación despois do embarazo, que se pode potenciar coa natación postparto. Tralo parto, e deixando pasar un periodo de tempo prudencial para empezar a realizar exercicio físico, a natación continúa sendo un dos exercicios máis completos, xa que contribúe á relaxación e axuda a recuperar o bo estado físico das nais.

As interesadas en participar en calquera destas actividades poderán formalizar a súa inscrición nas dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira (en San Valentín) de luns a venres de 9 a 13,30 e os mércores en horario de tarde, de 16,30 a 19 horas.

Institucional

Publica o teu comentario agora