A nai que te pariu

A nai que te pariu
20 de Agosto, 2024 - 12:27 h. | Publicada por Radio Fene

Unha señora que ía a misa, agarroume por detrás, deume un bico e díxome: Viva a nai que te pariu. O feed back é cen por cen positivo, indica Hugo Lomas Sfhir, un dos artistas que participa no Perla Mural Fest. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

En Roma pintou ao pé dun sanatorio psiquiatrico e dunha comisaria de policía, así que non lle pon respecto decorar un muro ao pé dunha igrexa. Co seu equipo artístico, pinta  de todo pero lle gusta pintar na rúa, porque o ve todo o mundo e é máis agradecido. Utiliza moito as cores maxentas e azuis. “Estou alucinando coa pintura de Teimpersa, probei moitas en viaxes arredor do mundo e esta á a mellor” indica o muralista referindose ao produto da fábrica de Fene, utilizado no Perla mural fest.
A xente nova que lle guste o graffiti ou a pintura mural, aconsella “gozar da paixón”. O graffiti é subversivo pero o arte urbano sepárase dese tipo de actividade ilegal feita con aleivosía, nocturnidade e vandalismo, explica con ironía. "Estou aquí encantado e o poño doado para vir" e non desbota acudir a Fene nunha terceira ocasión. Como estábamos representando motivos musicais en lembranza da sala Perla, pensei en utilizar o arpa. Vendo a forma redondeada do tellado, gustoume simular ese instrumento. A música é unha fiestra que nos transporta a outros mundos, salienta Hugo Lomas Sfhir. Debuxa o seu mural ao pé da igrexa de Fene.

Disque en todas as igrexas ten que haber tamén a representación do demo. Agora a igrexa de Fene xa ten ao seu "demo", porque o primeiro sobrenome de Sfhir era precisamente ese: Evil, ou demo.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora