ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O proxecto expositivo de Xosé Abad, que o Museo do Pobo Galego acolle a partir do 4 de marzo, presenta imaxes de mulleres a través de dúas xeracións que, sen estar moi distanciadas no tempo, reflicten unha diferenza laboral e sobre todo vital. A intención do autor é amosar o salto entre dúas xeracións de mulleres cunha relación de afectividade, con vidas diversas ligadas a traballos moi diferentes, que transcende
Na primeira fotografía podemos ver nais que responden á imaxe tradicional da muller, en moitos casos ligada ao sector primario e con escasa formación académica, pero con moito oficio. Nais que, cun grande esforzo, procuraron un futuro distinto para as súas fillas, plasmado nunha forma de vida e de oportunidades que elas non tiveron.
Na segunda fotografía podemos ver fillas que representan a xeración que se incorpora masivamente ao mundo do traballo é á sociedade dende unha posición enfrontada aos estereotipos tradicionais. Traballadoras dos sectores industrial e de servizos e cunha boa cualificación profesional.
Na terceira imaxe aparecen xuntas, próximas e cómplices, sabias e satisfeitas do camiño percorrido... Unidas polo vencello nai-filla, o seu discurso aparece normalizado dentro dunha situación común á que non é alleo o espectador. Cun enfoque profundamente humano, o público achégase aos conflitos dos que son partícipes estas mulleres nun contexto de crise.
(m)2 aposta pola contribución cultural e creativa dende unha perspectiva novidosa: o salto producido entre as nais que traballaron no sector primario e as fillas que acceden ao sector servizos no transcurso dunha soa xeración e que só se pode contar neste preciso momento. Este salto nos modos de acceso ao traballo das mulleres é un proceso que, acaso, en ningures se deu con tal celeridade coma en Galicia, por iso a documentación deste feito pon en valor as bases dunha profunda transformación acollida con naturalidade.
Os traballos das nais que forman parte do proxecto (m)2 tamén están ligados aos modos de produción galegos, e en moitos casos, a piques de desaparecer.
A mostra inaugúrase este venres, ás sete da tarde, e permanecerá aberto ata o domingo 10 de abril. O horario de visitas é de martes a sábado, 10:00-14:00 e de 16:00-20:00 e domingos e festivos de 11:00 a 14:00. A entrada é libre.