Namoreime de ti

Namoreime de ti
14 de Xuño, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Un día de súpeto namoreime de ti, o corazón latexaba, non me preguntes porqué, pasou o tempo pero aínda estou aquí e hoxe como entón defendendo a localidade". O himno do Nápoles pode valer para definir as sensacións da afección da S.D. Barallobre. O equipo chegou a xogar no estadio de Riazor na Coruña e recibiu no Ramo a conxuntos como o Lugo ou o Compostela. As cores do Barallobre lévanse no corazón.

A Sociedade Deportiva Barallobre ultima a súa festa de fin de tempada. Será este sábado no campo de fútbol do Ramo e incluirá un partido entre os modestos e os veteráns ás cinco da tarde. As oito e media churrascada con música a cargo de Isma Taboada e a DJ Nas Natalia.

 

Nestes tempos do fútbol mercantilizado, en Barallobre ainda se defenden os vellos valores do xogo. A grada do Ramo berra contra o racismo e a xenofobia. Recíbese con amabilidade ao rival, e o único nemigo declarado é o xabarín que en ocasións destrozaba partes do terreo: "Agora desde que puxemos un pastor eléctrico, o porco bravo xa non volveu entrar" proclama ufano o presidente da S.D. Barallobre Victor Dominguez.

 

Fotografia S.D.Barallobre. Tempada 1979-1980

 

Deportes

Publica o teu comentario agora