Narón e Ferrol coa diversidade funcional

Narón e Ferrol coa diversidade funcional

02 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha marcha en cadeiras de rodas discurrirá mañán polas ruas de Narón coa participación dos responsables municipais. Organizouna a Asociación Socio Cultural de Minusválidos con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O concello de Ferrol convida á cidadanía a participar mañá, venres, nos actos programados do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, instaurado no ano 1992 pola As

Actos en Narón.

Unha marcha en cadeiras de rodas discurrirá mañán polas ruas de Narón coa participación dos responsables municipais. Organizouna a Asociación Socio Cultural de Minusválidos con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Ao acto de Narón acudirá o presidente de la ASCM, Ángel Gárate, o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a concelleira de Servicios Sociales, María del Carmen Espada e representantes del PP, PSOE, e BNG de Narón.
A marcha partirá ás once da mañá da porta do Concello de Narón con dirección ao Centro Comercial de Narón, onde se realizará un percorrido polo centro, como se se tratase de “un día de compras” pero en cadeira de rodas.
 Posteriormente, ás doce e media procederáse á entrega dun obsequio ao “Voluntario do Ano”. Este último acto celebraráse na Biblioteca do Alto.

Actos en Ferrol

O concello de Ferrol convida á cidadanía a participar mañá, venres, nos actos programados do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, instaurado no ano 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Este ano leva por lema “Manter a promesa: incorporación da discapacidade nos obxectivos de desenvolvemento do Milenio cara ao 2015 e máis alá”.

Ás 12.20 horas se celebrará unha acción cidadá a pé de rúa coa que se quere chamar a atención sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Esta terá lugar no Cantón de Molíns -diante da Fundación Caixa Galicia- e para participar na mesma será necesario portar un gorro de cores chamativas. Unha xornada informativa baixo o lema “O normal é ser diferente” e unha Feira integrada por entidades de diversidade funcional da cidade que inaugurará o alcalde completarán o programa do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.

Sociedade