ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellería de Cultura, vén de pór en marcha o I Concurso de Monólogos Que me dis! Un certame que ten como obxectivo promover entre a cidadanía o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías. A iniciativa consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na p&aacut
O prazo de envío dos monólogos remata o 6 de outubro. Para presentar os traballos débese cubrir un formulario na web www.naron.es e achegar o monólogo como arquivo adxunto. Os premios aos que optan os gañadores son un ordenador portátil, unha cámara fotográfica dixital e un MP4.
O nome das persoas gañadoras publicarase na páxina web do concello o 15 de outubro de 2010. A entrega dos premios realizarase o día venres 22 de outubro ás doce do mediodía na Casa do Concello, en acto oficial, e emitirase nos medios de comunicación.