Narón volve ao tempo dos celtas coa celebración do Oenach

Narón volve ao tempo dos celtas coa celebración do Oenach

27 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Oenach é aquel lugar onde os celtas se reunían para establecer alianzas militares, chegar a acordos comerciais ou incluso alianzas matrimoniais entre tribos. Para recrear todo isto en Narón instalaranse diferentes postos de artesanía, comida e actividades de ocio. Ao mesmo tempo durante os tres días que dura o Oenach Céltico de Narón celebraranse diversas actividades ao aire libre, como unha mostra de artesanía feita en madeira ou a degustación

Volver ao tempo dos celtas e á cultura castrexa. Ese é o obxectivo do Oenach Céltico que se celebrará entre os días 30 de xullo e 1 de agosto na parroquia de Sedes, no concello de Narón. As celebracións comezarán este venres co acencido das fogueiras e a presentación das tribus, nun encontro no que se pretende a implicación dos veciños e dos visitantes.

Entre as actividades que se poderán facer nesta volta ao pasado, destacan a mostra da artesanía feita en madeira, a degustación do porco celta, os deportes rurais e tradicionais ou a representación do Castro de Eiravedra, da man da Compañía de Teatro Comunitario da parroquia de Sedes. A festa rematará co apagado dos lumes, co que se dará por pechado ata o vindeiro ano o Oenach Céltico de Narón. 

Cultura