ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Hai unha maneira atlántica de contar os contos”. Quen o asegura naceu no Uruguai e cruzou o océano para atopar sensibilidades semellantes e “os mellores narradores do mundo” neste recanto do planeta. “Todos os participantes nos festivais din que os mellores están aquí”, explica Soledad Felloza sobre o talento dos contacontos galegos. Ele á directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica que se celebra en Sa
O encontro de narradores naceu da teima de Felloza en organizar un encontro “que tivera unha identidade moi clara”. “Con todo o respecto á cultura mediterránea”, explica, “nós temos unha identidade moi especial e por que non destacala”. Así naceu un Festival que conta co apoio do senlleiro Pub Atlántico de Compostela que cumpre 25 anos nos que foi exercendo de lugar de encontro e canteira para moitos dos mellores narradores do país. Agora reencontraranse ás beiras do grande océano para demostrar que, como dicía o escritor inglés McFarlane, “os vellos camiños do mar levan e traen os contos”.
A programación ao detalle do evento pódese consultar na ligazón de internet www.festivalatlantica.com .