Nas beiras do Miño. Semana Cultural Galego Portuguesa

Nas beiras do Miño. Semana Cultural Galego Portuguesa

11 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Facultade de Humanidades de Ferrol organiza, baixo o lema "Nas beiras do Miño", unha Semana de Cultura Galego Portuguesa, no marco dun futuro mestrado universitario sobre patrimonio cultural da eurorrexión Galicia e Norte de Portugal. Catro conferencias e un concerto darán a coñecer os elementos culturais comúns que comparten os dous territorios. Desenvovleránse na semana do 22 ao 26 de febreiro no Campus de Esteiro I en Ferrol. 

As conferencias versarán sobre os seguintes temas e por esta orde: O luns 22 "A língua e a cultura portuguesas en Galicia" a cargo do director do Instituto Camôes de Vigo, Samuel Rego. O martes falará Felipe Arias, director do Museo de Viladonga de Lugo sobre " A cultura castrexa do noroeste peninsular". A semana continua co "Proxecto Fortrans: a raia e as fortalezas transfronteirizas do Baixo Miño" que presentará o arquitecto de Valladolid, Fernando Cobos- Guerra. A última cita versará sobre "Os problemas comunicativos da eurorrexión Galicia- Norte de Portugal: o caso dos universitarios" coa participación da profesora da Universidade de Vigo, Ana Belén Fernández Souto. A clausura da semana virá da man da música de fados, cun concerto de Abril Fado Atlántico, no Salón de Actos do campus de Ferrol.    

Sociedade